martes, 27 de septiembre de 2016

PROBLEMAS DO TEMA 1.

PROBLEMA 1.

Que distancia real medida en quilómetros hai entre dúas cidades que están separadas 40 cm. nun mapa que ten escala 1:500.000?

PROBLEMA 2.

Cantos quilómetros corresponden 15 cm. nun mapa cuxa escala é 1:50.000?


PROBLEMA 3.

Se na escala gráfica dun mapa 1 quilómetro equivale a 4 cm., cal é a escala numérica dese mapa?


PROBLEMA 4.

Se a distancia real (aproximada) entre Madrid e Sevilla é de 534 quilómetros e nun mapa esa distancia represéntase en 6 cm., cal sería a escala dese mapa?

O CASO DE VENUS


O planeta Venus podería ser devorado por xigantescas explosións do clima espacial.
O fenómeno espacial denominado "anomalías de fluxo de calor" que ten lugar máis alá da burbulla magnética da Terra ten consecuencias para os planetas que non teñen unha "magnetosfera" como a terráquea. 
Glyn Collinson, investigador da NASA afirma que como "Venus non ten un campo magnético para protexerse as xigantescas anomalías de fluxo quente que teñen lugar enriba co planeta podían tragalo enteiro". (...) 
É precisamente este campo magnético o que logra desviar o vento solar e as anomalías do fluxo de calor que se dirixen á Terra. Venus, só ten unha protección denominada ionosfera, moi feble para soportar esas anomalías.

Fonte: http://mx.formula-history.tuhistory.com/noticias/el-planeta-venus-podria-ser-devorado-por-gigantescas-explosiones-del-clima-espacial (tradución)