lunes, 26 de diciembre de 2016

INTERPRETAR UN MAPA DO TEMPO




Vídeo de Xacobo de Toro Cacharrón

COMENTARIO DUN MAPA DO TEMPO



  1. Identificamos os Anticiclóns (A) e as Borrascas (B): onde están situadas e que presión teñen no seu interior
  2. Observamos as isóbaras: se están moi xuntas indican a presenza de vento, canto máis xuntas máis forte é o vento; se están separadas os ventos son febles ou inexistentes, canto máis separadas estén menor vento
  3. Identificamos as masas de aire asociadas aos Anticiclóns e Borrascas
  4. Tentamos facer unha previsión meteorolóxica tendo en conta o seguinte:
    1. nas zonas de altas presións, Anticiclóns, non hai chuvias e o tempo é estable
    2. nas zonas de baixas presións, Borrascas, adoitan producirse chuvias e o tempo é inestable
    3. cando se atopan unha masa de aire frío e outra cálida, prodúcense frontes e o tempo é inestable
    4. isóbaras xuntas indican a presenza de ventos, separadas ventos febles ou inexistentes




mapatiempo04.jpg

CONCEPTOS DO TEMA 4

Anemómetro

Anticiclón

Atmosfera

Borrasca

Capa de ozono

Catavento

Correntes jet

Estratosfera

Exosfera

Higrómetro

Humidade

Ionosfera

Isóbaras

Mesosfera

Pluviómetro

Radiación solar

Tempo

Termosfera

Troposfera

Vento

martes, 20 de diciembre de 2016

lunes, 19 de diciembre de 2016

miércoles, 23 de noviembre de 2016

VOCABULARIO DO TEMA 3

Acuicultura
Acuíferos
Auga potable
Caudal
Ciclo da auga
Corga
Correntes mariñas
Criosfera
Encoro
Escoamento
Hidrosfera
Mar
Mareas
Océano
Ondas
Piscicultura
Plantas desalinizadoras
Réxime dun río
Río
Salinidade

miércoles, 19 de octubre de 2016

VOCABULARIO DO TEMA 2

Temos que saber definir os seguintes conceptos:

Arquipélago
Chaira
Chaira abisal
Codia
Cordilleira
Cráter
Delta
Depresión
Deriva continental
Dorsal oceánica
Erosión
Escala de Richter
Fiorde
Fosa mariña
Golfo
Illa
Istmo
Litosfera
Magma
Manto
Meseta
Noiro continental
Núcleo
Panxea
Península
Placa continental
Plataforma continental
Ría
Sismógrafo
Tsunami
Val (fluvial e glaciar)


TSUNAMI

martes, 4 de octubre de 2016

CONSECUENCIAS DA TRANSLACIÓN TERRESTRE

Resultado de imagen de DURACIÓN DÍAS NOCHES IMAGEN PARA 1º ESO


  • Distinta duración do día e da noite: motivada pola posición do eixe terrestre. Cando a iluminación coincide co eixe terrestre temos os equinoccios de outono e primavera.Cando a iluminación  se adianta ou atrasa respecto do eixe terrestre temos os solsticios de verán e inverno.
  • Sucesión das estacións
  • Existencia de zonas térmicas: fría, temperada e cálida

martes, 27 de septiembre de 2016

PROBLEMAS DO TEMA 1.

PROBLEMA 1.

Que distancia real medida en quilómetros hai entre dúas cidades que están separadas 40 cm. nun mapa que ten escala 1:500.000?

PROBLEMA 2.

Cantos quilómetros corresponden 15 cm. nun mapa cuxa escala é 1:50.000?


PROBLEMA 3.

Se na escala gráfica dun mapa 1 quilómetro equivale a 4 cm., cal é a escala numérica dese mapa?


PROBLEMA 4.

Se a distancia real (aproximada) entre Madrid e Sevilla é de 534 quilómetros e nun mapa esa distancia represéntase en 6 cm., cal sería a escala dese mapa?

O CASO DE VENUS


O planeta Venus podería ser devorado por xigantescas explosións do clima espacial.
O fenómeno espacial denominado "anomalías de fluxo de calor" que ten lugar máis alá da burbulla magnética da Terra ten consecuencias para os planetas que non teñen unha "magnetosfera" como a terráquea. 
Glyn Collinson, investigador da NASA afirma que como "Venus non ten un campo magnético para protexerse as xigantescas anomalías de fluxo quente que teñen lugar enriba co planeta podían tragalo enteiro". (...) 
É precisamente este campo magnético o que logra desviar o vento solar e as anomalías do fluxo de calor que se dirixen á Terra. Venus, só ten unha protección denominada ionosfera, moi feble para soportar esas anomalías.

Fonte: http://mx.formula-history.tuhistory.com/noticias/el-planeta-venus-podria-ser-devorado-por-gigantescas-explosiones-del-clima-espacial (tradución)